Entries : Category [ Lugo ]
Cousas varias que me vexo no dia a dia na miña "cidade"
[OpenBSD]  [BSD]  [FreeBSD]  [Linux]  [Security]  [Python]  [Zope]  [Daily]  [e-shell]  [Hacks]  [PostgreSQL]  [OSX]  [Nintendo DS]  [enlightenment]  [Apache]  [Nintendo Wii]  [Django]  [Music]  [Plone]  [Varnish]  [Lugo]  [Sendmail]  [europython]  [Cherokee]  [self]  [Nature]  [Hiking]  [uwsgi]  [nginx]  [cycling]  [Networking]  [DNS] 

19 abril
2010

Cagadas en Lugo I: As paradas de autobús

¿É un autobus? ¿é un turismo? non! é o contenedor do lixo!
[Lugo] 

Este é a primeira entrada do que de seguro vai ser unha longa lista de cousas (agardo que) graciosas sobre a vida cotiá en Lugo.

A ver se vedes algo raro nesta foto:

Si si, o que vedes, os contenedores do lixo na parada do bus, ¿estarán a esperar por alguén que os leve a outro sitio?

Pois si meus amigos, é unha parada de autobus na que se pode ver nin mais nin menos que dous contenedores do lixo. Non fai falla que vos diga que onde están eses contenedores é onde se supón que ten que parar o bus para recoller á xente.

Polo pronto o problema está claro, o bus non pode parar na súa parada, polo que para onde pode, é dicir, no medio da rúa impedindo a normal circulación dos demais vehículos. Pero claro, que pensades do que pode ser ter que agardar polo autobús en verán, co cheiro que moitas veces soltan estes contenedores...

Un exemplo mais de que a determinada xente lle da exactamente igual como se fagan as cousas, por que non me diredes que ó que puxo eses contenedores ahí non lle era o mesmo deixalos fora da parada...

Posted by wu at 16:33 | Comments (0) | Trackbacks (0)
04 diciembre
2010

Os pasos de peóns en Fontiñas, Lugo

Espero que a miña idea teña acollida... antes de que pase algo mais
[Lugo] 

Xa fai tempo que lle veño dando voltas a este tema, e penso que escribir sobre o mesmo é a mellor forma de expoñer as miñas preocupacións e ideas, asi que ala vou.

Son veciño de Lugo (como moitos xa sabedes) e concretamente vivo na Ronda das Fontiñas. Esta ronda ten dous carrís para a circulación de vehículos, un en cada sentido, separados por unha mediana que ten un paseo para peóns, ten árbores, bancos, etc.

Cada X metros podemos atopar un corte na mediana para que os vehículos podan facer o que os americanos chaman un uturn, ou o que ven sendo una volta ou cambio de sentido de toda a vida. Nesta foto podedes ver a qué me refiro:

Un cambio de sentido para vehículos en fontiñas, Lugo

Como podedes ver na foto, no cruce temos 3 pasos de peóns. Un é para cruzar de unha parte da mediana á outra, os outros dous son para cruzar dun lado da ronda ó outro

Agora permitídeme explicarvos o problema que eu lle vexo á disposición dos pasos de peóns e por qué eu penso que é moi perigosa.

Ó problema aparece tan só en un dos sentidos de circulación, debido á colocación dos pasos de peóns. Esta é una foto que acabo de sacar fai uns minutos e que, de seguro, me vai servir para que entendades o problema (podedes facer click na foto para ver una versión ampliada, e disculpade pola mala calidade das indicacións, o meu non é o de traballar con programas de edición de imaxe):

Un claro exemplo que indica o problema e as posibilidades de que un dia se leven "por diante" a alguén.

Como vedes na fotografía, hay 4 puntos marcados, que indican o seguinte:

1- O sentido do tráfico na dirección que vai dende o comezo de fontiñas preto da estación de tren hasta o outro extremo que acaba na avenida de madrid.

2- O sentido oposto o anterior.

3- Un vehículo que ven no sentido de circulación do punto 2 quere cambiar de sentido. Como podedes apreciar na foto o vehículo fai o cambio de sentido aproveitando a parte dereita do corte na mediana. E como podedes imaxinar, a persoa que vai conducindo ten que mirar á dereita para asegurarse de que non veñen outros vehículos antes de poder incorporarse ó sentido de circulación do punto 1

4- Uns peóns estan a cruzar a ronda dun lado ó outro, empregando os pasos de peóns habilitados para tal fin.

Hasta aquí todo correcto, pero claro, ¿que pasa cando o vehículo que esta a dar a volta se incorpora ó sentido de circulación do punto 1? Pois pasa que ainda se esta a incorporar, mirando para á dereita, cando se atopa con que según volve mirar para adiante está xa encima do paso de peóns no que están os peóns cruzando.

Teño vivido esta situación centos de veces por que paso a diario por este cruce concretamente, pero é que esto é asi en toda a ronda.

O problema probablemente non sería tan grave se non fose por que a ronda das Fontiñas ten un volume de tráfico bestial todos os dias, o que implica que cando un vehículo como o que vedes na fotografía quere facer ese cambio de sentido ten que agardar durante moitos minutos para facer a maniobra e ten que aproveitar calquera ocasión rápidamente para incorporarse. A esto sumádelle o seguinte problema:

Sempre estan os furgons aparcados nas esquinas, dificultando a visibilidade

Fixádevos no furgón vermello. Esta aparcado xusto na esquina (ben aparcado, por que ahí pódese aparcar) tapando prácticamente toda a visibilidade e dificultando a incorporación do vehículo do que falabamos no punto 3. Se non me credes, fixádemos nesta foto tomada no ángulo aproximado dun conductor nesa situación:

A visibilidade é case nula, dificultando as maniobras de cambio de sentido.

Como podedes ver, a visibilidade é moi moi limitada, e esto inflúe en que cando un conductor como o que leva o vehículo do punto 3 quere facer a maniobra de cambio de sentido, ten que facer a incorporación a unha velocidade moi superior á que debería, e mirando todo o tempo cara a dereita para evitar unha posible colisión. ¿Qué quere decir esto? Que cando o vehículo chega ó paso de peóns do punto 4 chega a máis velocidade de que debería e o conductor non ten á vista enfocada no mesmo (e por eso se producen a cotío frenadas bruscas e sustos).

Moi ben, explicado o problema, vamos coa solución que eu penso é a máis lóxica, deixademe ensinarvos outra fotografía:

Se movemos o paso de peóns, case todo serían vantaxes

Como vedes, a miña proposta pasa por mover o paso de peóns ó outro lado. Penso que facer esto ten as seguintes vantaxes:

É tan sinxelo como ver que eses mesmos beneficios témolos do outro lado da rúa, xa que se vos fixades é exactamente o que pasa cos vehículos que van no sentido descrito no punto 2 anterior. Neste caso o paso de peóns está onde ten que estar (a lo menos na miña opinion).

Claro que, temos que ser xustos, e creo que é obvio cal sería o problema se fixesemos o movemento do paso de peóns. Nese caso os peóns non poderían cruzar "todo recto" de un lado da ronda ó outro, senon que terían que facer un zigzag, ou aproveitar os demais pasos de peons que hay cara o medio das medianas (sintoo, non teño fotos de eses pasos de peóns).

Ainda asi, ainda que esto puidese resultar un pouco molesto para algúns peóns, penso que todos (peóns e vehículos) ganaríamos moitisimo en seguridade. E se non é con está solución, creo que poderiamos/deberiamos analizar outras posibilidades, non sei, o mellor mover o paso de peons un pouco máis lexos do cruze por exemplo. De seguro que se pensamos un pouco entre todos podemos atopar algunha medida que se poda aplicar para solucionar un problema coma éste, e sobre todo evitar unha traxedia antes de que pase.

¿Qué opinades?

Posted by wu at 14:08 | Comments (0) | Trackbacks (0)
[1]