De volta de Ousli
August 2008
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            
About
This site is an effort to share some of the base knowledge I have gathered through all this years working with Linux, FreeBSD, OpenBSD, Python or Zope, among others. So, take a look around and I hope you will find the contents useful.
Recent Entries
Recent Comments
Re: Aprender Python(foz : 08/20 00:03)
Re: bogofilter and the importance of HAM(Wu : 08/19 14:08)
Re: bogofilter and the importance of HAM(Juanjo : 08/18 19:52)
Re: From scripting to object-oriented Python programming(r0sk : 08/14 17:13)
Re: First Codigo23 sprint(r0sk : 08/13 22:54)
Re: I'll be at the djangocon(Wu : 08/11 16:21)
Will try(Milan Andric : 08/09 04:42)
Re: Problem with ssl in Python 2.5(Wu : 08/06 01:45)
Re: I'll be at the djangocon(Wu : 08/06 01:43)
Re: I'll be at the djangocon(pAvL0 : 08/05 19:59)
Other Weblogs
Recent Trackbacks
Categories
OpenBSD (7 items)
BSD (0 items)
FreeBSD (4 items)
Linux (0 items)
Security (3 items)
Python (7 items)
Zope (8 items)
Daily (36 items)
e-shell (3 items)
Hacks (4 items)
PostgreSQL (1 items)
OSX (6 items)
Nintendo DS (0 items)
enlightenment (0 items)
Apache (1 items)
Nintendo Wii (0 items)
Django (4 items)
Music (5 items)
Archives

Syndicate this site (XML)

RSS/RDF 0.91

28 junio
2008

De volta de Ousli

de volta de pasar dous días incribles

Xa estou na casa, de feito cheguei onte ás tres da mañá, despois de clausurar (nunha cena xenial) as II Xornadas de programación web con software libre organizadas por Ousli en Ourense:

II Xornadas de programación web con software libre

As xornadas estiveron moi moi ben (a lo menos os dous días que eu estiven por alí), Un 10 para a organización, outro 10 para charlas e contidos e, por poñer algún pero, un 5 á asistencia, xa que sempre me quedo coa sensación de que acude pouca xente a este tipo de eventos (aínda que logo nos queixamos de que non se fan). Eso sí, a xente que asistiu estaba interesada e participaba, en maior ou menor medida, nas diferentes charlas.

Ai vai un pequeno resumo de Xoves en Venres.

Chegamos a Ourense o Xoves sobre as 12:00 (viña a miña moza comigo), e xa nos achegamos ó edificio politecnico da universidade, onde Enrique estaba agardando por nós. Tras un café rápido puiden asistir ó final da charla sobre eyeos (por dous dos creadores do proxecto).

Eu ó lado do cartel de ousli

A miña primeira participación nas xornadas foi xusto despois do xantar, sobre as 16:30, e falei durante algo máis de dúas horas sobre django e desenvolvemento web sobre python. A charla retransmitiuse en directo por Internet e, a lo menos na miña opinión, quedou bastante ben.

Falei un pouco sobre o desenvolvemento web con python, as diferentes opcións, pasei a una breve introducción a django (o framework), metodoloxías de traballo, etc. Durante a explicación máis ou menos teórica intentei levar de xeito paralelo a construcción dunha pequena aplicación web para compartir trozos de código fonte.

O certo é que non me chegou o tempo para todo o que quería ensinar, pero puiden ensinarlles bastante.

Trala miña charla, Toni falou de CakePHP unha hora e media mais ou menos, ensinándonos o equivalente ós meus contidos, pero nese framework sobre PHP.

Logo de rematar esa charla, tocou facer algo de vida social, asi que aproveitei para visitar a vellos amigos (gracias Vane e Toni por acollernos na vosa casa), ver o Russia 0 - 3 España (España na final da eurocopa, incrible!), e por suposto sair a tomar unas copas e coñecer a noite ourensá.

O venres tocou asistir pola mañá, entre outras, á charla de Fran Dieguez sobre Ruby on Rails.

Eu non coñecía profundamente Rails, e quedei gratamente impresionado por este framework. Fran conseguiu ensinarnos en apenas dúas horas os conceptos básicos do mesmo, instalación e creación de modelos, controladores e vistas.

Tras rematar de xantar, tocaba a interesantisima batalla de los frameworks. A idea era propoñer una pequena aplicación web e darnos 1 hora (mais ou menos) a cada un (eu, Toni e Fran) para construila en cada framework (django, cakephp e ror). Ó final, outra hora máis serviría para debatir sobre as diferencias entre os diferentes frameworks, ver os pros e contras de cada un, etc.

Quedei gratamente sorprendido cando dende a organización me informaron de que a idea desta batalla surxira a partir de ler neste blog sobre os bunkers que temos feito r0sk mais eu (primeiro e segundo), nos que comparabamos django e CakePHP.

E teño que apuntar que foron case 4 horas nas que disfrutei coma un anano, tanto desenvolvendo a pequena aplicación (un sinxelo blog), como atendendo ás explicacións dos outros dous frameworks.

Todas as charlas foron grabadas en video, polo que en breve poderedes velas (asi que voume aforrar repetir as miñas conclusións sobre a batalla).

En definitiva, dous días xeniales nos que o pasei realmente ben, estiven de novo con vellos coñecidos e coñecín a xente moi interesante coa que, de seguro, seguirei en contacto directo os próximos meses.

Posted by wu at 12:45 | Comments (0) | Trackbacks (0)
<< whatever | Main | Noticias en prensa escrita >>
Comments
There are no comments.
Trackbacks
Please send trackback to:http://blog.e-shell.org/79/tbping
There are no trackbacks.
Post a comment