Os pasos de peóns en Fontiñas, Lugo
April 2017
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
About
This site is an effort to share some of the base knowledge I have gathered through all this years working with Linux, FreeBSD, OpenBSD, Python or Zope, among others. So, take a look around and I hope you will find the contents useful.
Recent Entries
Recent Comments
Recent Trackbacks
Categories
OpenBSD (9 items)
BSD (0 items)
FreeBSD (19 items)
Linux (3 items)
Security (3 items)
Python (22 items)
Zope (13 items)
Daily (144 items)
e-shell (9 items)
Hacks (14 items)
PostgreSQL (3 items)
OSX (8 items)
Nintendo DS (0 items)
enlightenment (0 items)
Apache (3 items)
Nintendo Wii (1 items)
Django (24 items)
Music (12 items)
Plone (7 items)
Varnish (0 items)
Lugo (2 items)
Sendmail (0 items)
europython (7 items)
Cherokee (1 items)
self (1 items)
Nature (1 items)
Hiking (0 items)
uwsgi (0 items)
nginx (0 items)
cycling (8 items)
Networking (1 items)
DNS (0 items)
Archives

Syndicate this site (XML)

RSS/RDF 0.91

04 diciembre
2010

Os pasos de peóns en Fontiñas, Lugo

Espero que a miña idea teña acollida... antes de que pase algo mais
[Lugo] 

Xa fai tempo que lle veño dando voltas a este tema, e penso que escribir sobre o mesmo é a mellor forma de expoñer as miñas preocupacións e ideas, asi que ala vou.

Son veciño de Lugo (como moitos xa sabedes) e concretamente vivo na Ronda das Fontiñas. Esta ronda ten dous carrís para a circulación de vehículos, un en cada sentido, separados por unha mediana que ten un paseo para peóns, ten árbores, bancos, etc.

Cada X metros podemos atopar un corte na mediana para que os vehículos podan facer o que os americanos chaman un uturn, ou o que ven sendo una volta ou cambio de sentido de toda a vida. Nesta foto podedes ver a qué me refiro:

Un cambio de sentido para vehículos en fontiñas, Lugo

Como podedes ver na foto, no cruce temos 3 pasos de peóns. Un é para cruzar de unha parte da mediana á outra, os outros dous son para cruzar dun lado da ronda ó outro

Agora permitídeme explicarvos o problema que eu lle vexo á disposición dos pasos de peóns e por qué eu penso que é moi perigosa.

Ó problema aparece tan só en un dos sentidos de circulación, debido á colocación dos pasos de peóns. Esta é una foto que acabo de sacar fai uns minutos e que, de seguro, me vai servir para que entendades o problema (podedes facer click na foto para ver una versión ampliada, e disculpade pola mala calidade das indicacións, o meu non é o de traballar con programas de edición de imaxe):

Un claro exemplo que indica o problema e as posibilidades de que un dia se leven "por diante" a alguén.

Como vedes na fotografía, hay 4 puntos marcados, que indican o seguinte:

1- O sentido do tráfico na dirección que vai dende o comezo de fontiñas preto da estación de tren hasta o outro extremo que acaba na avenida de madrid.

2- O sentido oposto o anterior.

3- Un vehículo que ven no sentido de circulación do punto 2 quere cambiar de sentido. Como podedes apreciar na foto o vehículo fai o cambio de sentido aproveitando a parte dereita do corte na mediana. E como podedes imaxinar, a persoa que vai conducindo ten que mirar á dereita para asegurarse de que non veñen outros vehículos antes de poder incorporarse ó sentido de circulación do punto 1

4- Uns peóns estan a cruzar a ronda dun lado ó outro, empregando os pasos de peóns habilitados para tal fin.

Hasta aquí todo correcto, pero claro, ¿que pasa cando o vehículo que esta a dar a volta se incorpora ó sentido de circulación do punto 1? Pois pasa que ainda se esta a incorporar, mirando para á dereita, cando se atopa con que según volve mirar para adiante está xa encima do paso de peóns no que están os peóns cruzando.

Teño vivido esta situación centos de veces por que paso a diario por este cruce concretamente, pero é que esto é asi en toda a ronda.

O problema probablemente non sería tan grave se non fose por que a ronda das Fontiñas ten un volume de tráfico bestial todos os dias, o que implica que cando un vehículo como o que vedes na fotografía quere facer ese cambio de sentido ten que agardar durante moitos minutos para facer a maniobra e ten que aproveitar calquera ocasión rápidamente para incorporarse. A esto sumádelle o seguinte problema:

Sempre estan os furgons aparcados nas esquinas, dificultando a visibilidade

Fixádevos no furgón vermello. Esta aparcado xusto na esquina (ben aparcado, por que ahí pódese aparcar) tapando prácticamente toda a visibilidade e dificultando a incorporación do vehículo do que falabamos no punto 3. Se non me credes, fixádemos nesta foto tomada no ángulo aproximado dun conductor nesa situación:

A visibilidade é case nula, dificultando as maniobras de cambio de sentido.

Como podedes ver, a visibilidade é moi moi limitada, e esto inflúe en que cando un conductor como o que leva o vehículo do punto 3 quere facer a maniobra de cambio de sentido, ten que facer a incorporación a unha velocidade moi superior á que debería, e mirando todo o tempo cara a dereita para evitar unha posible colisión. ¿Qué quere decir esto? Que cando o vehículo chega ó paso de peóns do punto 4 chega a máis velocidade de que debería e o conductor non ten á vista enfocada no mesmo (e por eso se producen a cotío frenadas bruscas e sustos).

Moi ben, explicado o problema, vamos coa solución que eu penso é a máis lóxica, deixademe ensinarvos outra fotografía:

Se movemos o paso de peóns, case todo serían vantaxes

Como vedes, a miña proposta pasa por mover o paso de peóns ó outro lado. Penso que facer esto ten as seguintes vantaxes:

  • Minimiza o risco de que os peóns podan ser atropelados no paso de peóns segundo o que levo explicado ata o de agora.
  • Mellora a visibilidade para as incorporacións e cambios de sentido dos vehículos, xa que o estar o paso de peons neste lado, os furgóns e outros vehículos non poderían aparcar ahí e o campo de visión sería mais amplo.
  • Facilita as incorporacións xa que os vehículos que veñen no sentido descrito no punto 1 anterior terán que deterse antes do paso de peóns para deixar paso, e ese intre pode ser aproveitado por vehículos facendo maniobras de incorporación ou cambio de sentido. Agora mesmo, con sistema actual, os vehículos que veñen no sentido do punto 1 teñen que parar facendo tapón diante dos que se queren incorporar, dificultando a maniobra.

É tan sinxelo como ver que eses mesmos beneficios témolos do outro lado da rúa, xa que se vos fixades é exactamente o que pasa cos vehículos que van no sentido descrito no punto 2 anterior. Neste caso o paso de peóns está onde ten que estar (a lo menos na miña opinion).

Claro que, temos que ser xustos, e creo que é obvio cal sería o problema se fixesemos o movemento do paso de peóns. Nese caso os peóns non poderían cruzar "todo recto" de un lado da ronda ó outro, senon que terían que facer un zigzag, ou aproveitar os demais pasos de peons que hay cara o medio das medianas (sintoo, non teño fotos de eses pasos de peóns).

Ainda asi, ainda que esto puidese resultar un pouco molesto para algúns peóns, penso que todos (peóns e vehículos) ganaríamos moitisimo en seguridade. E se non é con está solución, creo que poderiamos/deberiamos analizar outras posibilidades, non sei, o mellor mover o paso de peons un pouco máis lexos do cruze por exemplo. De seguro que se pensamos un pouco entre todos podemos atopar algunha medida que se poda aplicar para solucionar un problema coma éste, e sobre todo evitar unha traxedia antes de que pase.

¿Qué opinades?

Posted by wu at 13:08 | Comments (0) | Trackbacks (0)
<< self() 3.1 released | Main | Soekris BIOS upgrade using MacOSx Snow Leopard >>
Comments
Re: Os pasos de peóns en Fontiñas, Lugo

Estou de acordo co problema, pero non de todo coa solucion, xa que todo o mundo sabe que en lugo os pasos de peons son algo que non se respeta, co que o facer que os peons pasen de cruzar 2 vias a 3, non faria mais que aumentar o problema cos peons, se se pon unha minirotonda no medio do cambio de sentido solucionariase o problema da mala conduccion, e con un baden antes da entrada no cruce dos vehiculos da 1° frecha solucionariase a velocidade coa que teñen que sair os vehiculos do cambio de sentido.

Posted by: mameyugo at diciembre 04,2010 14:25
Re: Os pasos de peóns en Fontiñas, Lugo

@mameyugo: de acordo no de que cruzar 3 en lugar de dous é unha "putada", pero non opino o mesmo no tema da rotonda (pero ti sabes as cafradas que se fan agora polas noites nesta ronda? non quero pensar se tiveramos rotondas...).

O baden xa o temos, no caso do sentido da liña 1 esta un pouco mais atras da furgoneta vermella que se ve nas fotos, e se ben axudou a que se aminorase a velocidade, creo que ou non é suficiente ou non está no sitio correcto, por que non resolveo o problema.

(gracias polo comentario!)

Posted by: Wu at diciembre 04,2010 15:54
Re: Os pasos de peóns en Fontiñas, Lugo

O pasado venres puiden vivir en primeira persoa os problemas que citas en esa zona.

Estacionamentos en dobre fila + atasco de hora punta de retorno fixo que me quedase invadindo un dos cruces co coche. Afortunadamente foi por unha fracción de minuto.

Outro problema é que non se ve á xente que está esperando para cruzar do lado da mediana porque ten que sair e entre os coches aparcados.

Menos mal que non tiven que coller moito o coche despois!

Sorte!

Posted by: foz at diciembre 21,2010 16:40
Trackbacks
Please send trackback to:http://blog.e-shell.org/283/tbping
There are no trackbacks.
Post a comment