A parabola do carballo e mais o eucalipto
June 2018
Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
About
This site is an effort to share some of the base knowledge I have gathered through all this years working with Linux, FreeBSD, OpenBSD, Python or Zope, among others. So, take a look around and I hope you will find the contents useful.
Recent Entries
Recent Comments
Recent Trackbacks
Categories
OpenBSD (9 items)
BSD (0 items)
FreeBSD (19 items)
Linux (3 items)
Security (3 items)
Python (22 items)
Zope (13 items)
Daily (144 items)
e-shell (9 items)
Hacks (14 items)
PostgreSQL (3 items)
OSX (8 items)
Nintendo DS (0 items)
enlightenment (0 items)
Apache (3 items)
Nintendo Wii (1 items)
Django (24 items)
Music (12 items)
Plone (7 items)
Varnish (0 items)
Lugo (2 items)
Sendmail (0 items)
europython (7 items)
Cherokee (1 items)
self (1 items)
Nature (1 items)
Hiking (0 items)
uwsgi (0 items)
nginx (0 items)
cycling (10 items)
Networking (1 items)
DNS (0 items)
Archives

Syndicate this site (XML)

RSS/RDF 0.91

16 enero
2010

A parabola do carballo e mais o eucalipto

esto vai para quen me queira entender

Fai xa tempo que queria escribir sobre este tema, e penso que o galego e a mellor lingua na que expresarme.

Unhas landras

Se ti que estas lendo esto eres galego, de seguro sabes de un problema que temos en Galicia dende fai moitos anos, o problema dos eucaliptos (ou alcolitos que lles chama o meu avo paterno). O problema podese describir con este sinxelo exemplo.

Imaxina que eres o dono dunha finca, una finca ben grande, que che quedou por parte de teus pais. Estas a pensar que facer coa finca, non o tes claro, resulta que e unha extension bastante grande, ten alguns carballos e moito verde. Nestas que ti andas a pensar en que facer, cando chega un coñecido que che di:

Oiche oh!, se o prado ese fora meu, xa o tiña plantado de alcolitos, que crecen rapido e pagan ben a madeira

E ahi que se presenta o que eu chamo a parabola do carballo e mais o eucalipto.

Na nosa terra, fai anos, era moi habitual atopar carballos no campo, nos montes. Un arbol que e bon contra os incendios, que protexe o resto da vexetacion que lle rodea e que da alimento para os animais (as landras). Dende fai algun tempo xa, en lugar de estas arbores cada vez se atopan mais plantacions de alcolitos que deixan o chan sen recursos (fixate a ver se ves herba debaixo dun) non dan alimento e son moi perigosos en caso de incendio...

¿E por que? pois por que crecen rapido e vendense ben como madeira.

¿Cara onde vou con todo esto? Pois a algo que creo que se pode aplicar de forma sinxela o meu ambito profesional, e e que non comprendo a xente que en lugar de tomar un proxecto, una idea, e traballar sobre esa idea, facendoa medrar e chegando algun dia a que ese proxecto sea beneficioso para mais xente (ainda que sexa un longo camiño); en lugar de esto, prefiren ir a donde estan os cartos, o negocio, da o mesmo o tipo de proxecto, por que non e o proxecto o que buscan, e ver donde hai cartos para propoñer calquera cousa (preferentemente se xa esta feita por outra xente e implica pouco traballo) chegar o dia X no que hay que presentar algo, coller os cartos e seguir na busca de mais choios.

Creo que agora xa sabes por onde vou. Non sei, quizais todo esto e papel mollado, ideas na miña cabeciña de lucense tolo, quizais non, e ti pensas o mismo ca min.

Posted by wu at 00:54 | Comments (0) | Trackbacks (0)
<< Upgrade Plone buildout from 3.1.7 to 3.3.3 | Main | Autocompletion for your python shell|console|interpreter >>
Comments
Re: A parabola do carballo e mais o eucalipto

Nin te imaxinas o moito que comparto esa reflexión [tanto na parte fabulada, como na real].

É moi triste que, hoxe en día, a xente únicamente busque o "euro doado" deixando a un lado a calidade e a satisfacción do traballo ben feito.

E por riba, para uns poucos que nos esforzamos en tentar facer as cousas "como root manda", trátannos como ilusos e inocentes [e en moitos casos obrígannos a abandoar os ideais].

O caso é non desistir no intento, por moito que custe [tarde ou cedo acabarán caendo do burro].

Posted by: foz at enero 16,2010 14:13
Re: A parabola do carballo e mais o eucalipto

> E por riba, para uns poucos que nos esforzamos
> en tentar facer as cousas "como root manda",
> trátannos como ilusos e inocentes [e en moitos
> casos obrígannos a abandoar os ideais].

Ou o que é peor, aproveitanse do teu traballo para sacar partido e por riba aparecer como "pais do proyecto" e cousas asi.

Lamentable.

Foz: oiche, mandame un email cando podas que perdin o teu enderezo! :D

Posted by: Wu at enero 16,2010 14:26
Re: A parabola do carballo e mais o eucalipto

Completamente dacordo, claro... Deduzo que todo sigue igual por aquí? Se te podes escapar mañá, molaba tomar un té ou algo, non? Bicosss

Posted by: emereci at enero 19,2010 23:57
Re: A parabola do carballo e mais o eucalipto

A verdade e que sí, é unha parábola moi aplicable o ámbito informático.

O perigo real e atoparse con xente a quen lle compras un carballo e che entrega un eucalipto, ó importante é como moi ben dices coller o diñeiro, o clinete da igual, que se vaia a quebra...ah! e de paso se é posible, coller tamén a idea, e xa como pais dela, facela funcionar as mil maravillas....

Iso si que é un choio!

Saudiños.










Posted by: Rodolfo at enero 23,2010 11:06
Re: A parabola do carballo e mais o eucalipto

Rodolfo, con toda sinceridade (e despois de enterarme fai uns minutos de certos comentarios en twitter) creo que "te estás colando". Este post non ten nada que ver nin contigo, nin con ningun cliente en concreto.

O que pretendo con este post e escribir sobre un asunto que, desgraciadamente, teño visto tantas tantas veces dende que comecei a traballar en esto (fai uns anos xa). Como te poderás imaxinar, eu traballo nunha gran (afortunadamente) cantidade de proxectos, e esto e una simple reflexión que fago, nada mais.

Esto é un blog personal, non un blog de empresa.

Ogallá que con esto quede claro este punto, e que de agora en diante se queres comentar algo no blog (que benvidos son todos os comentarios, xa o sabe todo o mundo) que non o fagas simplemente por resentimento ou sensacións similares, só por que nun momento concreto das nosas vidas coincidimos en algo puntual.

Totalmente serio, non sabes a sorpresa que me acabo de levar ó ver o teu comentario, de verdade.

Posted by: Wu at enero 23,2010 18:40
Re: A parabola do carballo e mais o eucalipto

Borja, resentimento cara a ti, sabes que ningún, afortunadamente non teño resentimentos contra nadie...como viches ou coñeces os meus comentarios en Twitter xa te imaxinas que para min tamén foi unha GRAN sorpresa do que me enterei a semana pasada...disculpa que me de por aludido co teu comentario ainda que soamente sexa pola adicación que pensaba tiñas o noso proxecto, ...e non che tomes esto mal, alédome moito de que teñas moitos proxectos.

Ata a vista :-)




Posted by: Rodolfo at enero 24,2010 22:39
Re: A parabola do carballo e mais o eucalipto

Non lle penso dar mais voltas a este tema. Punto.

Que che vaia ben e sorte.

Posted by: Wu at enero 25,2010 08:39
Trackbacks
Please send trackback to:http://blog.e-shell.org/220/tbping
There are no trackbacks.
Post a comment